Saltar ao contido

Antonio Losada Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Losada Ferreiro
Biografía
Nacementoc. 1899 Editar o valor en Wikidata
O Saviñao, España Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Escairón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, labrego, chofer Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Losada Ferreiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 3066

Antonio Losada Ferreiro, coñecido como Canillas, nado no Saviñao cara a 1899 e finado en Escairón en decembro de 1956, foi un labrego e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Labrego e chofer, membro da sociedade Trabajadores de la Tierra afecta á UGT en 1931. Participou na constitución do Comité Republicano Socialista de Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, sendo declarado en rebeldía en 1938. Os seus irmáns José, Manuel e María foron detidos en varias ocasións para conseguir que se entregara. Entregouse o 11 de marzo de 1940 xunto con Ramón Pérez Vispo e Armando López Losada. Ingresou en prisión o 11 de marzo e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.[1] Finou en Escairón en decembro de 1956.[2]

  1. BOE, 27-10-1941, p. 8370.
  2. El Pueblo Gallego, 19-2-1956, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 27. ISBN 978-84-8487-635-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]